Monday, November 21

cambio de aires

En vista de que esto vai coma o carallo pasome os spaces de msn.
Vemonos por alí. Pero se é a oprimeira vez que entrades aquí, polo menos botade un ollo, non? Bicos.

Wednesday, November 9

con retraso II

Reportaxe gráfica sobre Joensuu e algún erasmus que vive aquí (eu):


Todo un forest-man!, (o tractor vale 400.000 €urelios case coma o ZX).

____________


Será por peteneras en Finlandia!! esee!!

____________


O curruncho de "Cruce" na habitación de Raqueliña.

____________


Joensuu pola noite.

____________


O meu barrio pola noite.

____________


Joensuu pola noite... mais Raqueliña.

____________


Se o día que descubrimos o LIDL foi grande, mais grande foi o día que fumos a ve-lo partido do Jippo Joensuu. Resultou que era o último da temporada, e estaban a xogarse o ascenso.

____________


Jippo Joensuu celebrando o 1-0 que finalmente lle daria o ascenso á primeira categoria do fútbol Finés, mundialmente coñecida.

____________


O autor do gol do Jippo: Beckham? Javi Rodríguez? non, outro ilustre dorsal 23, Jussi Harinen.

____________


Camiño da universidade vexo todo-los días estampas coma estas... icluso mellores, tampouco lle pidades ó fotógrafo que sexa aqui un professional, you know?.

____________


Camiño da uni.

____________


Camiño da uni.

____________


Camiño da uni.

____________


Cando vexo fotos coma estas penso: vaia barba de guerrilleiro sudamericano!!

____________


Facendo que estudio, na miña habitación.

____________


Voltando de face-la compra, dónde? por suposto, no LIDL.

____________


Barbacoa campestre, e ademáis ilegal... non vos deixedes enganar polas xentes da cidade que vos digan que está permitido facer lume en calquera sitio (todo un retén coma min!). Librámonos da multa por non saber falar finés.

____________


Edificio principal da universidade: Carelia Building.

____________


O outono finés deixounos postáis como esta: un domingo baixei a comprar nonseiqué, e ó chegar ó portal pareceume estar en Redondela coas alfombras do Corpus. Anén.

____________


Borealis Building, a facultade de forestais.

____________


O centro da cidade.

____________


O centro da cidade, calle do Market Square: Kouppakatu

____________


Outra calle do Market Square: Siltakatu.

____________


E isto é o que che venden aquí como viño español. Sabedes o barrantes?, pos xa quixera este ser a metade de bo que o viño de barrantes (5.90€ a botella)

____________


...e cando vas comprar unha Estrella Galicia o que che dan e esto que algún moi bo amigo meu pontevedrés e granate calificou como "mexo de reno"

____________

Monday, November 7

con retraso

Alá polo día 17 de setembro, (tanto fai xa!?) fixemos unha viaxe a un parque natural non moi lonxe de aquí, o monte Koli, alquilando sendos Nissan Micra que iso voaba:

A intención primeira era durmir alá, pero la pela es la pela, e non tiñamos cartos, asi que fumos a Koli, e voltamos a durmir á casa. O dia seguinte fumos a outro parque natural, en Ilomantsi. Desa xentiña coa que fumos xa non los levamos tan ben coas rapazas (os franceses son unha raza moi falsa!, que diria Tonecho), Santi, Bjarne e mais eu levámonos moi ben, e penso que iso non vai cambiar.



Preséntovos de carrerilla, que se dice, as fotos desa viaxe, nenos... logo han de vir máis pictures:






Hasta aquí as de Koli, de seguido as de Ilomantsi, preto da fronteira con Rusia, a donde nos desplazamos solo para sacar fotos en plan ilegais (realmente non é a fronteira, é o límite da zona de seguridade de 3 Km, pero da igual). Teñase en conta tamén ó peteneras da moto... e ó do tractor, por suposto:















Isto é todo. Espero pronto presentarvos máis fotos... e máis xente tamén (Raqueliña di que sae en moi poucas, haberá que poñer remedio a eso). Un biquiño a todos

Monday, October 24

estampas II

Por aquí, xentiña, xa non hai neve nas rúas, e o frío parece que nos deixa descansar un pouco, ainda que logo voltará, polo tanto a miña vida aquí reducíuse ultimamente a estar na casa, xa que fora non se estaba moi ben: despois de 15 minutos na bici xa se che conxelaban hasta as babas... bueno, algunha que outra festa sempre cae, pero nada máis (chiscada de ollo). Como tampouco teño moito tempo, nin nada extremadamente interesante para contar, polo momento, pois poñovos máis fotocaralladas, que me gustan moito, para que perdades un poco o tempo no internete. veña, pasadeo ben é non levedes jolpes na cabesa. Ahh!! Por certo, felicidades a Letizia, que alegria!!!! (é irónico, por se non se nota: outra máis a chupar do bote, cajonacona, non imos dar traballado para darlles de comer).


Seta dos pitufos, nos xardíns de casa, cando non habia neve e podiase ve-la herba.
__________


En Koli (parque natural, ou sexa un monte)
__________


Vista dende o cumio de Koli
__________


Tamén en Koli
__________


O río de Joensuu, Pielisjoki.
__________


Con esa camiseta non podía ir a outro sitio que non fose a xogar unha pachanga, por certo, esta é a paisaxe máis fea que se pode ver en Joensuu... quen nos dera que ENCE fose como esto, que é tamen unha fábrica de pasta e papel
__________


En Koli
__________


Atardecer en Joensuu, isto é a cen metros da miña casa, asi como as dúas fotos seguintes: