Monday, October 24

estampas II

Por aquí, xentiña, xa non hai neve nas rúas, e o frío parece que nos deixa descansar un pouco, ainda que logo voltará, polo tanto a miña vida aquí reducíuse ultimamente a estar na casa, xa que fora non se estaba moi ben: despois de 15 minutos na bici xa se che conxelaban hasta as babas... bueno, algunha que outra festa sempre cae, pero nada máis (chiscada de ollo). Como tampouco teño moito tempo, nin nada extremadamente interesante para contar, polo momento, pois poñovos máis fotocaralladas, que me gustan moito, para que perdades un poco o tempo no internete. veña, pasadeo ben é non levedes jolpes na cabesa. Ahh!! Por certo, felicidades a Letizia, que alegria!!!! (é irónico, por se non se nota: outra máis a chupar do bote, cajonacona, non imos dar traballado para darlles de comer).


Seta dos pitufos, nos xardíns de casa, cando non habia neve e podiase ve-la herba.
__________


En Koli (parque natural, ou sexa un monte)
__________


Vista dende o cumio de Koli
__________


Tamén en Koli
__________


O río de Joensuu, Pielisjoki.
__________


Con esa camiseta non podía ir a outro sitio que non fose a xogar unha pachanga, por certo, esta é a paisaxe máis fea que se pode ver en Joensuu... quen nos dera que ENCE fose como esto, que é tamen unha fábrica de pasta e papel
__________


En Koli
__________


Atardecer en Joensuu, isto é a cen metros da miña casa, asi como as dúas fotos seguintes:



0 Comments:

Post a Comment

<< Home